Concello de Trazo

Información Municipal



             ENLACES DE INTERÉS

 

             PERFIL DO CONTRATANTE

 

 

 

Benvida do Sr.Alcalde:                                                                                                              

E para min un pracer dirixirme tanto ós veciños e veciñas de Trazo como a todos aqueles que se acerquen ó noso concello a través desta nova vía que a crecente popularización das tecnoloxias da información nos proporciona.

Gustaríame que esta páxina proporcionase informacion útil e de interese a quenes queiran visitala, dende dentro e fora do noso concello. Para os que dende outros lugares estean pensando en visitar estas terras de verdes paisaxes e grandes riquezas etnolóxicas ofrecémoslles unha visión xeral de todo aquelo que de interese poden atopar en Trazo. Para os veciños do noso concello que se atopan lonxe da súa terra porque a emigración os levou mais alá do océano ou a outros lugares de Europa e España, unha maneira de que se sintan mais cerca de todo aquelo que deixaron atrás. E para os veciños e veciñas de Trazo que permanecen, viven e loitan no noso concello, un xeito áxil e cómodo de comunicarse coa sua administracion, e de manterse ó día das novas que nela acontezan.

Trataremos neste sitio WEB de manter informados a todos e todas das novas que se produzan no municipio e que poidan ser de interese e utilidade pública. Estaremos, por suposto, abertos a todas aquelas opinións, suxestións e peticións que dende a cidadanía se nos fagan chegar, e as que trataremos de dar cumprida resposta.

A través das seccións de empresa, comercio e emprego tentamos proporcionar unha ferramenta dinamizadora da nosa vida económica que, pensamos, pode ter gran interese para todos, e que esperamos produza resultados positivos tanto para os demandantes de emprego do concello como para aqueles empresarios e empresarias que tratan de sacar adiante os seus negocios no noso término municipal.

Na sección de turismo daremos a maior información posible sobre a situación, xeografía e historia do noso concello así como de todos aqueles bens que integran o noso patrimonio natural e cultural que poden ter interese para os nosos visitantes.

É a nosa intencion manter un sitio WEB vivo e dinámico, progresivamente mellorado, e no que se poida dar acollida a todas as ideas que dende a propia cidadanía se nos fagan chegar, tanto a esta Alcaldía da que o pobo me fixo titular, como ás distintas oficinas do Concello. Para todos e todas o Alcalde de Trazo queda, dende agora, a vosa disposición.

José Dafonte Varela

 


 

 

             

Consellería de Innovación e Industria

Concello de Trazo - correo@trazo.dicoruna.es
Viaño Pequeno, 14 - 15687 - Trazo (A Coruña)
Tel.: 981 689 001 / 981 689 036 - Fax: 981 689 035

Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI