ultimas_novas

Se quere máis información ou inscribirse, pode chamar ós seguintes números de teléfono:

  981 680 002 - Mancomunidade de Ordes
  981 680 672 - Servicios Sociais do Concello de Ordes

 

Ver PDF adxunto

O pasado día 16 de xuño tivo lugar no Campo de Santa Eufemia a xa tradicional festa dos maiores.

 

Este ano os asistentes superaron o medio millar, sendo a comida con maior número de asistentes dende que se ven facendo, como xa ven sendo tradicional houbo misa na capela, posteriormente música, comida e baile.

 

Esta cita converteuse nunha data de referencia para os maiores do concello de Trazo, que disfrutan dun día no que se producen reencontros, compartense anecdotas, risas bailes e unha comida.

 

O alcalde José Dafonte Varela, manifestou “mentres eu teña a responsabilidade de ser alcalde esta comida será gratuita e celebrarase todos os anos”, e en palabras do rexidor un orgullo poder agasallar os maiores cun día como este despois de tantos traballos e loita que pasaron,

“as cousas antes eran moi distintas non habia tantas facilidades como agora e esta xente sabe o que é traballar e sacrificarse polo seus, por eso estou orgulloso de compartir un día de festa con eles.”

 

 

Nos vindeiros días poderanse recoller as entradas para o xantar no concello

Onte, 3 de maio o centro Quérote impartiu no centro social polivalente de Viaño Pequeno (Trazo) a actividade "Divers@s", un obradoiro da diversidade afectivo-sexual ao que acudiron 30 rapaces e rapazas de entre 14 e 16 anos, alumnos/as do CPI Viaño Pequeno.

 

Este obradoiro de 100 minutos de duración forma parte do programa Quérote + da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e voluntariado e tratouse dunha proposa lúdico-formativa para falar da sexualidade abertamente e para que a mocidade sexa máis responsable nas súas relacións e atope respostas ás súas preguntas dun xeito seguro, obxectivo e profesional. 

Os obxectivos foron:  dar a coñecer os centros Quérote + como un servizo público, gratuíto e confidencial para a mocidade no referente a esta temática e dar a coñecer os conceptos relativos á identidade sexual e á orientación do desexo, co fin de analizalos e diferencialos como elementos clave dentro do proceso de sexuación humana. 

Descargue AQUÍ o ficheiro

Bando

 

Inscribete a participa na II CARREIRA PEDESTRE DE DISFRACES DO CONCELLO DE TRAZO.

Descarga o pdf: Aquí 

Inscríbete e participa no concurso de disfraces

 

Descargar PDF: Aquí

BASES CONVOCATORIA DE CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE UN PEÓN DE SERVIZOS VARIOS

BASES CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE UN AUXILIAR PARA O PAI DE TRAZO: Descargar aquí.

MODELO DE SOLICITUDE: Descargar aquí.

 

FOLLA DE INSCRIPCIÓN: descargar aquí.

 

 

Attachments:
Download this file (folla_inscricion.pdf)folla_inscricion.pdf[ ]32 kB

Descarga de documento

SOLICITUDE PARA AS ACTIVIDADES

Attachments:
Download this file (solicitude-actividades.doc)Solicitude de actividades[ ]40 kB

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural concedeulle ao Concello de Trazo unha subvención por importe de 72377.36 € para a obra denominada: “Mellora de camiños municipais de titularidade municipal” ao abeiro  do Plan Marco: “Mellora de camiños municipiais de acceso ás explotacións agrarias 2016”

Descarga a túa folla de inscrición  aquí

 

O alcalde de Trazo desmente que se teña concedida ningunha licenza. Ademais de encargar análises dos residuos á USC o Concello remitiu o proxecto a distintos organismos autonómicos e estatais para a súa avaliación

 

Trazo 31 maio 2016. O Goberno local de Trazo vén de pronunciarse ante a posible instalación dunha planta de clasificación de residuos provenientes de SOGAMA na canteira da Picouta, situada no mesmo termo municipal. “Temos claro que dende o Concello nos opoñemos a este proxecto porque queremos un Concello rural e sostible medioambientalmente. Apostamos por un crecemento empresarial que teña a ben os nosos recursos naturais, axudándonos a manter a contorna, a paisaxe e a calidade de vida que caracteriza este municipio”, explica o alcalde José Dafonte.

 

A preocupación do rexedor e demais concelleiros, así como a do groso da veciñanza, é maiúscula ante esta situación. “Que ninguén dubide que vou ser rigoroso e escrupuloso no cumprimento da legalidade ante este tema”, asevera Dafonte ante a polémica suscitada. Tal é así que a día de hoxe dende o Concello xa se lle teñen encargadas análises ao laboratorio de Tecnoloxía Ambiental da USC con mostras dos materiais cos que se traballaría na canteira. Incluso se ten remitido o proxecto a distintos organismos tanto de ámbito estatal como autonómico para que informen sobre os riscos que podería supoñer a instalación da dita planta de clasificación. Este é o caso de Minas, dependente do Ministerio de Enerxía, Industria e Turismo, ou a Consellería de Medio Rural e o Departamento de Xestión de Residuos, ambos da Xunta de Galicia.

 

A día de hoxe a continuidade dos trámites entre a empresa González Couceiro SLU, encargada de instalar a planta que, entre outros materiais, se encargaría de manipular as escouras que ata o lugar se trasladarían, está paralizado. “Estamos á espera do informe que ten que emitir a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental da Xunta de Galicia”, explica Dafonte “polo que desminto categoricamente que, tal e como se ten dito, desde o Concello se teña concedida a licenza para poder iniciar a actividade”.

 

Servizo de información

Neste aspecto o alcalde de Trazo quere deixarlles claro a todos os habitantes que “as portas da Alcaldía están abertas para quen queira informarse sobre este tema ou calquera outro. Para quen queira saber con todo detalle os pasos que ata o momento temos dado para defender os intereses dos veciños e veciñas e de ata onde estamos dispostos a chegar para evitar os prexuízos que calquera actividade empresarial ou doutra índole lle poida ocasionar a este pobo”. Tal é así que ademais da análise que realizan de xeito pormenorizado os servizos xurídicos do propio Concello, este contratou asesoramento legal externo para comprobar se o proxecto administrativo se axusta ou non á legalidade. Incluso para quen o desexe, cada luns existe a posibilidade de que sexa un asesor xurídico o que achegue as explicacións que se demanden.

 

Rexeitamento conxunto

Dende a Alcaldía tamén se fai un chamamento a todos os axentes e plataformas veciñais implicadas nesta reivindicación para unificar esforzos e enerxías “e ir todas e todos xuntos cara a un mesmo obxectivo, o de evitar experimentos medioambientais no noso concello”, afirma o rexedor. Neste aspecto alerta sobre “a intención por parte dalgunhas persoas de querer confundir á cidadanía con este tema tan serio para obter un rédito político, co conseguinte prexuízo que supoñería a división de forzas. As afrontas políticas deben quedar a un lado cando enriba da mesa se está a falar de saúde, benestar social ou medioambiente”, asegura.

 

 

CONCELLO DE TRAZO

Viaño Pequeno, 14
15687 Trazo (A Coruña)

Tlf.: 981 689 001

Fax.: 981 689 035

 

 

Acceso o Regulamento

Solicitude

 

 

 

Descarga a túa solicitude aquí

I CARREIRA PEDESTRE DE DISFRACES DO CONCELLO DE TRAZO

 

Descarga aquí

O Concello de Trazo manifesta o seu compromiso coa loita contra as violencias machistas e coa igualdade plena entre mulleres e homes.

SOLICITUDE  ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS CONCELLO DE TRAZO CURSO 2015/2016

 

Descarga aquí

 

 

De 12 h a 21 h de Luns a Domingo

Se queres probar algunha ou xa estás inscrito/a aprobeita que durante os meses de xuño e xullo son totalmente gratuítas

Duración de 20 h: 10 presenciais e 10 a distancia.

Prezo:

  • -100,00€ alumnos empadroados no concello de Trazo
  • -125,00€ alumnos non empadroados.

Prazo para anotarse: ata o 27 de marzo.

Precísase un grupo mínimo de dez alumnos para poder desenrolar a actividade.

O Concello de Trazo colabora na organización de estancias no Balneario Hotel Spa Oca Galatea (Sanxenxo) dende o 26 ó 31 de maio

HOTEL SPA OCA GALATEA (SANXENXO)

  • -220,00€/persoa (habitación doble)
  • -5 noites de domingo a venres
  • -Pensión completa
  • -Circuito termal diario e programa de animación
  • Prazo para anotarse: ata o venres 22 de marzo.

Será preciso reunir un grupo mínimo de 10/15 persoas.

O concello poñerá a disposición dos interesados un autobús para o desprazamento.

Para máis información no Departamento de Servizos Sociais do Concello ou no teléfono 981689001.

O curso de formación de adultos impartido polo concello de Trazo dende o mes de xaneiro ata o mes de setembro, contou para o seu financiamento cunha subvención da consellería de cultura, educación e ordenación universitaria.

COFINANCIADO:

Lista de aprobados do 3º exercicio

ANUNCIO

Exáminados os exámes entregados polos opositores que se presentaron ó terceiro exercicio do proceso selectivo aberto para a provisión dunha praza de Auxiliar Administrativo de Administración Xeral, procédese á publicación da listaxe de aqueles que superaron a proba xunto coa nota acadada tanto nesta como nas anteriores probas realizadas, así como a nota final resultante.

Apelidos e Nome

1º exerc.

2º exerc.

3º exerc.

Cualificación

Castro Souto, Inés

12,00

11,50

13,25

36,75

Pereiro Muíño, Natalia

13,75

 18,00

18,25

50,00

Trazo, a 14 de setembro de 2012

O Secretario,

Lista de aprobados do 2º exercicio e convocatoria 3º exercicio

ANUNCIO

Exáminados os exámes entregados polos opositores que se presentaron ó segundo exercicio do proceso selectivo aberto para a provisión dunha praza de Auxiliar Administrativo de Administración Xeral, procédese á publicación da listaxe de aqueles que superaron a proba xunto coa nota acadada.
Asímesmo sinálase, para a celebración do terceiro exercicio as once horas do días vinteoito de agosto de 2012, na Aula Informática de Trazo, en Viaño Pequeño.

Apelidos e nome Cualificación
Bello Pardo, Irene 15,50
Castro Cancelo, María Isabel 14,00
Castro Souto, Inés 11,50
Lamas Taibo, Isabel 16,00
López Casal, Santiago 10,00
Pereiro Muíño, Natalia 18,00
Slater Andión, Inés Margarita 18,00

Trazo, a 11 de agosto de 2012
O Secretario

Lista de aprobados do 1º exercicio e convocatoria 2º exercicio

ANUNCIO

Exáminados os exámes entregados polos opositores que se presentaron ó primeiro exercicio do proceso selectivo aberto para a provisión dunha praza de Auxiliar Administrativo de Administración Xeral, procédese á publicación da listaxe de aqueles que superaron a proba xunto coa nota acadada.

Asímesmo sinálase, para a celebración do segundo exercicio, as once horas do día sete de agosto de 2012, no Pavillón Municipal de Trazo, en Viaño Pequeño (ó lado da Casa do Concello).

Apelidos e nome

Cualificación

Álvarez García, Sonia

10,75

Antelo Ínsua, Roberto

11,75

Arias Rodríguez, Cristina Paula

12,50

Bello Pardo, Irene

11,25

Bermúdez González, Pilar

10,00

Cabezal Villamar, María Pilar

11,25

Calo Lamas, Marisol

14,25

Canosa Vieitez, Lorena

11,25

Castro Cancelo, María Isabel

11,25

Castro Pardal, Antonio

12,25

Castro Souto, Inés

12,00

Gómez Fustes, Victoria Luísa

11,75

González Mareque, Lidia

12,25

González Rosendo, Elisa

10,00

Lamas Taibo, Isabel

13,25

Levices Carballo, Blas

11,50

López Casal, Santiago

12,00

López Menéndez, Rafael

10,75

López Vázquez, Yolanda

10,75

Martínez Couto, Víctor Manuel

14,00

Martínez Palacián, Francisco José

10,50

Núñez Balirac, Carolina

13,00

Pereiro Muíño, Natalia

13,75

Pérez Míguez, María del Carmen

10,25

Pérez Quiza, Victor

10,50

Rama Viñán, Ana Francisca

13,00

Rivas Vilouta, Alicia

10,00

Roca Abuín, Lucía

10,75

Rodríguez San Adrián, Enrique Julio

12,50

Sánchez Barral, Mónica

10,25

Slater Andión, Inés Margarita

13,00

Trillo Ramos, María Carmen

11,25

Trazo, a 1 de agosto de 2012
O Secretario

 O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2012/2013 SERÁ DENDE O 15 ATA O 30 DE XUÑO

Poderán solicitar praza no PAI, os/as nenos/as con idades comprendidas entre  os 3 meses e os 3 anos

Documentación:

  • -    Fotocopia compulsada do DNI dos pais ou titores.
  •  
  • -    Fotocopia compulsada do Libro de Familia.
  • -    Certificado de convivencia e empadroamento expedidos polo Concello.
  •  
  • -    Fotocopia dos xustificantes de situación laboral e ingresos económicos da unidade de convivencia (nóminas, declaración da renta e xustificantes de prestacións)
  •      
  • -    Fotocopìa da tarxeta de desemprego, de ser o caso
  •  
  • -    Copia compulsada de certificado de minusvalía, de ser o caso.
  •      
  • -    Fotocopia do título de familia numerosa, de ser o caso.
  •      
  • -    2 fotografías
  • -    Certificado médico
  • -    Fotocopia do libro de vacinas
  • -    Fotocopia tarxeta sanitaria

Para máis información e presentación de solicitudes, dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981689001.

Ainda quedan algunhas prazas libres para o Curso da ESO

Interesados informarse en Servicios Sociais.

Prazo límite ata o 6 de Xuño.

 

Plan Xeral de Ordenación Municipal

Nos seguintes enlaces pódese acceder ó Plan Xeral de Ordenación Municipal de Trazo inicialmente aprobado:

 

 

As novas relacionadas co DÍA 25 DE NOVEMBRO, DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER, poden verse nos seguintes enlaces:

-Páxina web da Mancomunidade de Ordes  http://www.mancomunidadeordes.org/

-Facebook do CIM da Mancomunidade de Ordes . Pincha aquí.

-Canal de youtube http://bit.ly/1yvH2AA

Os programas son:

-Programa IGUALAR3. Xunto os arquivos información do programa, o resumo gráfico e o calendario de sesións. Estanse impartido xornadas en todos os centros educativos da Comarca de Ordes que imparten educación secundaria.

A información deste programa pode consultarse no blog http://programaigualar.blogspot.com.es/p/proxecto.html

-Campaña de sensibilización e prevención da violencia de xénero en colaboración co comercio comarcal. O 25 de novembro os establecementos colaboradores distribuirán unha bolsa comercial da campaña entre a súa clientela. Esta bolsa contén o lema da campaña “Podería ser eu. Podería ser calquera.” e información sobre recursos de loita contra a violencia de xénero. Os comercios colaboradores estarán identificados cun cartel da campaña.

-Campaña de sensibilización e prevención da violencia de xénero en colaboración coas entidades deportivas. Campaña de sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero no ámbito deportivo, o que se pretende con esta campaña é que as persoas físicas e xurídicas da Comarca de Ordes vinculadas ao deporte asuman un papel activo na transmisión dunha mensaxe forte e unánime a toda a sociedade que é o rexeitamento total á violencia de xénero.

Esta campaña permite aproveitar as estruturas organizativas das entidades deportivas xa existentes. Ademais esta campaña permite que as persoas participen no seu propio medio sen modificar a súa rutina para formar parte do programa. As acción realizaranse nas propias instalacións deportivas ao mesmo tempo que practican o deporte.

1.Permite contactar  con colectivos aos que non se dirixe habitualmente este tipo de campañas ou nos que as campañas teñen menos efectos. Con esta campaña non só se chega as persoas que practican o deporte senón tamén as afeccións, familiares etc.

2.Permite que o impacto das accións medre ao contemplarse actividades a través das tecnoloxias de información e da comunicación.

3.Permite implicar activamente ao colectivo masculino xa que ata o momento ningún programa de igualdade exitoso, implicara directamente a tantos homes nun mesmo programa.

4.Permite implicar a persoas de todas as idades e visibilizar as entidades deportivas menos coñecidas.

5.Permite introducir as políticas de igualdade no deporte, xa que aínda está moi marcado polos estereotipos sociais e culturais.

Nesta campaña as entidades deportivas gravan un pequeno vídeo no que rexeitan a violencia de xénero enunciando o lema da campaña “Na violencia de xénero cada día conta”. Estes vídeos poden verse na páxina de Facebook do CIM da Mancomunidade de Ordes e na web da entidade, así como nas webs e redes sociais dos sete concellos da comarca.

Coa divulgación destes vídeos búscase crear un fenómeno viral en Internet, ou sexa unha cadea de mensaxes.

A campaña tamén contempla a distribución de material específico: carteis, lonas, etc.

 

Os vídeos poden consultarse no canal de Youtubehttp://bit.ly/1yvH2AA