O pasado día 16 de xuño tivo lugar no Campo de Santa Eufemia a xa tradicional festa dos maiores.

 

Este ano os asistentes superaron o medio millar, sendo a comida con maior número de asistentes dende que se ven facendo, como xa ven sendo tradicional houbo misa na capela, posteriormente música, comida e baile.

 

Esta cita converteuse nunha data de referencia para os maiores do concello de Trazo, que disfrutan dun día no que se producen reencontros, compartense anecdotas, risas bailes e unha comida.

 

O alcalde José Dafonte Varela, manifestou “mentres eu teña a responsabilidade de ser alcalde esta comida será gratuita e celebrarase todos os anos”, e en palabras do rexidor un orgullo poder agasallar os maiores cun día como este despois de tantos traballos e loita que pasaron,

“as cousas antes eran moi distintas non habia tantas facilidades como agora e esta xente sabe o que é traballar e sacrificarse polo seus, por eso estou orgulloso de compartir un día de festa con eles.”