Localización na Comarca de Ordes. |
O concello de Trazo está situado nunha zona rural da provincia de A Coruña, nunha zona da meseta integrada dentro da comarca de Ordes.
Limita cos seguintes concellos: ó norte con Tordoia, ó sur co concello de Santiago, con Val do Dubra limita polo oeste e Oroso atópase ó este.
Son 19 Km os que separan o lugar de Viaño Pequeno, capital municipal, da cidade compostelana. A carretera que comunica ambos lugares é a C-545. De Ordes está a 12 Km.
As distancias coas principales cidades por estrada son:
Ten unha superficie de 101,4 Km2 e está dividido en 11 parroquias: San Pedro de Benza; San Mamede de Berreo; San Xoán de Campo; Santa María de Castelo; Santa María de Chaián; San Martiño de Monzo; Santa María de Morlán; Santa María de Restande; Santa María de Trazo; San Vicente de Vilouchada e San Cristovo de Xavestre. A capital municipal do concello de Trazo é o lugar de Viaño Pequeno, pertencente a parrroquia de San Xoán de Campo.
Parroquias de Trazo. |
Concello de Trazo - correo@trazo.dicoruna.es
Viaño Pequeno, 14 - 15687 - Trazo (A Coruña)
Tel.: 981 689 001 / 981 689 036 - Fax: 981 689 035