Entroido Trazo 2026
26/01/2026
Co obxectivo de recuperar unha das prácticas máis populares do noso concello como é a celebración do Entroido, desde o ano 2022 vense organizando un concurso de carrozas e comparsas protagonizado polas asociacións veciñais e culturais de Trazo.
Esta celebración serve para expresar a identidade das nosas parroquias, a creatividade, o humor e as tradicións propias do noso municipio.
Co obxectivo de fomentar a cultura, promover a inclusión social e a igualdade e apoiar a economía local, o concello de Trazo convoca un concurso de disfraces que se celebrará o día 21 de febreiro e que se rexerá polas bases que se poden descargar no arquivo adxunto.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Bases concurso de disfraces- Trazo 2026 | 269.72 KB |

