Letras Galegas 2025- Homenaxe ás nosas cantareiras

 

No marco da conmemoración do Día das Letras Galegas que este ano está dedicado á poesía oral popular,  o venres día 16 renderémoslle tributo ás nosas mulleres cantareiras coa presentación da peza documental "Coplas que falan- As que cantan contan" que recolle a memoria viva da tradición oral e musical no noso concello.

No acto contaremos coas actuacións das agrupacións locais  " Os Xeitosos de Trazo"  e o " Grupo Petapouco".